Quiénes somos - :::...FEAE Galicia...::: Forum Europeo de Administradores da Educación

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal:

Quiénes somos

Que é o Forum Europeo de persoas Administradoras da Educación (FEAE)?

• FEAE é unha asociación no gobernamental que traballa no ámbito da educación de varios países de Europa, fundamentalmente en aspectos relacionados coa administración e a xestión educativas.
• FEAE es un lugar de encontro, de reflexión e intercambio que ten como obxectivo principal a mellora da calidade da educación.
• As liñas prioritarias de actuación do FEAE son:
▪ Promover a reflexión e creación de significados compartidos sobre a educación do século XXI
▪ Establecer intercambios bilaterais e multilaterais a nivel autonómico, estatal e europeo
▪ Crear relacións e lazos persoais entre os seus membros
▪ Compartir e incrementar novos coñecementos profesionais
▪ Compartir a esperanza de que outra educación é posible concitando as vontades necesarias

Cando se crea?

• FEAE europeo naceu en París en 1976. Baixo a influencia do Reino Unido no proxecto inicial están Francia, Alemaña, Bélxica e Holanda.
• No el Estado Español creouse no ano 1987, mentres que o FEAE de Galicia fórmase en 1991.
• Na actualidade 22 países de Europa forman el Forum Europeo. En España hai 14 organizacións de FEAE noutras tantas comunidades autónomas.

Quen formamos o FEAE?

• Profesionais da educación de cada país: profesorado, membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras,…etc. Ultimamente queremos incorporara o FEAE outras organizacións relacionadas coa educación coma ANPAS, Servizos Municipais de Educación, etc.
• Entre os nosos socios e socias hai membros de todas as redes (pública e concertada), e de todos os niveis educativos (Educación Primaria, Educación Secundaria, Universidade, Servizos de Apoio, etc…).

Cales son as actividades que realizamos?
En Galicia:

• Ceas – coloquio. Nunha ou máis ocasións ao longo do curso escolar reunímonos arredor de temas de actualidade para debater as propostas que sobre o mesmo nos presentan relatores de prestixio.

No Estado:

• A coordinación dos FEAE territoriais. Tres veces ao longo do curso reunímonos na Federación para debater e acordar os temas que nos preocupan.
• Xornadas anuais. Arredor de temas de actualidade anualmente organízanse xornadas de reflexión e de debate.
• Publicar a revista “OGE (Organización y Gestión Educativa)”. Cada ano publícanse seis números.

En Europa:

• Os responsables de todos os países reúnense periodicamente para analizar e decidir os temas comúns.
• Organizar intercambios para coñecer os sistemas educativos dos diferentes países da Federación. Realízanse cada dous anos.
• Distribuír todo o listado de publicacións (“Newsletter”) que realizan os foros dos diferentes países.

Que vantaxes ten ser socio?

• Participar en todos os encontros e foros para a reflexión educativa que o FEAE organiza en Galicia.
• Coñecer de antemán as propostas e novidades que se dan no sistema educativo galego, do estado e europeo.
• Responder ás demandas de asesoramento sobre cuestións educativas que diversas Administracións realizan ao FEAE europeo.
• Recibir no domicilio a revista “OGE” e o acceso á mesma a través da páxina web (www.feae.es).
• Elaborar artigos para ser publicados nesta revista.

• Como membro do FEAE, a posibilidade de asistencia ás Xornadas anuais e aos intercambios europeos mediante o pago de cotas especiais.

 
contador de visitas
Regreso al contenido | Regreso al menu principal