Estatutos - :::...FEAE Galicia...::: Forum Europeo de Administradores da Educación

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal:

Estatutos

ESTATUTOS DO FORUM EUROPEO DE ADMINISTRADORES DA EDUCACIÓN DE GALICIA.
CAPITULO I

DENOMINACIÓN, FINS, ENDEREZO E ÁMBITO

Artigo 1. Coa denominación “FORUM EUROPEO DE ADMINISTRADORES DA EDUCACIÓN DE GALICIA”, constitúese unha asociación ó amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, con capacidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro, e co réxime xurídico que se determina nos presentes Estatutos.
O Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia está adherido ó “EUROPEAN FORUM ON EDUCATIONAL ADMINISTRATION” e ó “FORUM EUROPEO DE ADMINISTRADORES DA EDUCACIÓN NO ESTADO ESPAÑOL”, Federación de Forums das distintas comunidades autónomas do Estado.
Artigo 2. Esta asociación constitúese por tempo indefinido. Só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
O Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
Artigo 3. A existencia desta asociación ten como fins:
a) Promover a reflexión en materia de administración, xestión e organización educativas.
b) Promover a formación de grupos de traballo que desenvolvan actividades relacionadas co ámbito da administración, xestión e Asociación educativas.
c) Establecer e desenvolver contactos entre as persoas e entidades interesadas en materia de administración educativa coa finalidade de levar a cabo actividades no campo da educación e cultura.
d) Facilitar o intercambio de información, experiencia e investigación en materia de Asociación, xestión e administración educativas en todo o territorio da Comunidade de Galicia, entre a Federación de Forums Europeos das Comunidades Autónomas e entre os países europeos interesados.
e) Promover a realización de actividades destinadas á formación continua dirixida ó profesorado dos distintos niveis e etapas educativas, e a outros profesionais que interveñan no sistema educativo.
f) Manter vínculos con Asociacións internacionais con obxectivos similares e facilitar entre as mesmas os intercambios e actividades pertinentes relacionadas coa materia.
g) Participar nas actuacións dirixidas a impulsar a renovación pedagóxica e a mellora da calidade educativa.
h) Todas aquelas actividades que no ámbito dos Estatutos tendan a conseguir os obxectivos fixados nos parágrafos anteriores.
Artigo 4. Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:
a) Formar grupos de traballo, para o estudio, debate, análise da situación e para elaborar propostas sobre temas de interese e de actualidade no campo da Asociación e a administración educativa e calquera outro que a Xunta Directiva considere de interese.
b) Organizar actividades de formación do profesorado como Xornadas Autonómicas, ceas-coloquio, conferencias, cursos, encontros, xornadas de expertos, visitas a experiencias educativas, para o debate e a reflexión sobre os temas relacionados coa administración, xestión e Asociación educativas en tódolos seus niveis.
c) Participar na edición da revista “ Organización y Gestión Educativa” e outras publicacións da Federación de Forums Autonómicos.
d) Manter actualizada a páxina WEB do Forum de Galicia, para informar ós asociados e non asociados das actividades do Forum Autonómico.
e) Participar no Consello Xeral do Forum Europeo de Administradores da Educación no Estado Español a través de representantes da Xunta Directiva.
f) Participar nas Xornadas Estatais coa presentación dalgunha comunicación ou relatorio e coa posible organización destas Xornadas Estatais por parte do Forum de Galicia.
g) Participar nas Xornadas Intervisitas bianuais do Forum Europeo, visitando distintos países para analizar o funcionamento dos diversos sistemas educativos.
h) Colaborar coa Federación de Forums Autonómicos nas súas actividades.
i) Colaborar con outras asociacións e as Administracións en actuacións que busquen a mellora da calidade do ensino.
j) Calquera outra que poida contribuír ó desenvolvemento dos fins do Forum Autonómico e da Federación de Forums Autonómicos.
Artigo 5. Lingua, ámbito e enderezo.
1.A lingua oficial do “Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia” é o Galego.
2.O Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia, en funcións dos seus fins e situación, exercerá as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
3.O “Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia” establece o seu domicilio social na localidade de A Coruña, no Centro de Formación e Recursos, R/ Pepín Rivero s/n; C.P. 15018. Tlno. 981274221. Correo electrónico: galicia@feae.org.

A efectos de comunicación e notificación sinálase como preferente a seguinte dirección: FEAE-G, Apartado de Correos nº 196/ 15780 SANTIAGO (A Coruña).

CAPÍTULO II
ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN

Artigo 6. O “Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia” será xestionado e representado por unha Xunta Directiva formada por: un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e catro Vocais. Tódolos cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos. Estes serán designados e revocados pola Asemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de catro anos.
Artigo 7. Estes poderán causar baixa por renuncia voluntaria comunicada por escrito á Xunta Directiva, por incumprimento das obrigacións que tiveran encomendadas e por expiración do mandato.
Artigo 8. Os membros da Xunta Directiva que esgotaran o prazo para o que foran elixidos, continuarán ostentando os seus cargos ata o momento en que se produza a aceptación dos que os substitúan.
Artigo 9.- A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o seu Presidente, en ningún caso cunha periodicidade superior a tres meses, e a iniciativa ou petición dunha terceira parte dos seu membros. Quedará constituída cando asista a metade máis un dos seus membros e para que os seus acordos sexan válidos deberán ser tomados por maioría de votos. En caso de empate, o voto do Presidente será de calidade.
Artigo 10.- Facultades de Xunta Directiva:
As facultades da Xunta Directiva estenderanse, con carácter xeral a tódolos actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.
Son facultades particulares da Xunta Directiva:
a) Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
b) Executar os acordos da Asemblea Xeral.
c) Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral os Balances e as Contas anuais.
d) Resolver sobre a admisión de novos asociados. 4
e) Nomear delegados para algunha determinada actividade da Asociación.
f) Establecer os grupos de traballo e nomear ó vocal da Xunta Directiva, que se encargará de cada grupo de traballo, a proposta deste mesmo grupo.
g) Levar a cabo as xestións necesarias diante os organismos públicos, entidades e outras persoas para conseguir: subvencións e o uso de locais ou edificios que precise a Asociación.
h) Abrir contas correntes e cadernos de aforro en calquera entidade de crédito e de aforro e dispoñer dos fondos que haxa nestes depósitos.
i) Designar ós membros da Xunta Directiva para formar parte do Consello Xeral da Federación.
j) Levar un libro de Actas dos acordos da Xunta Directiva, que se lerá ó comezo de cada xuntanza para ver si se aproba ou emenda a Acta da sesión anterior.
k) Calquera outra facultade que non sexa de exclusiva competencia da Asemblea Xeral de socios.
Artigo 11.- O Presidente da Asociación será tamén presidente da Xunta Directiva, así como representante da Asociación no “Forum European on Educational Administration”, e terá as seguintes funcións:
a) Representar legalmente á Asociación diante de toda clase de organismos públicos e privados.
b) Convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións de unha e outra.
c) Ordenar pagos e autorizar coa súa firma os documentos, actas e correspondencia.
d) Adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconselle ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesaria ou adecuada, dando conta posteriormente á Xunta Directiva.
e) Formar parte do Consello Editorial da revista “Organización y Gestión Educativa”, como vocal de Galicia.
Artigo 12.- O Vicepresidente substituirá ó Presidente en ausencia deste, motivada por enfermidade ou calquera outra causa, e terá as mesmas atribucións que el.
Artigo 13. – O Secretario terá ó seu cargo a dirección dos traballos puramente administrativos da Asociación, expedirá certificacións, levará os libros da 5
asociación legalmente establecidos e o ficheiro de asociados, e custodiará a documentación da entidade, facendo que se cursen ás comunicacións sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos sociais inscritibles ós Rexistros correspondentes, así como a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigacións documentais nos termos que legalmente correspondan.
Artigo 14.- O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento das ordes de pago que expida o Presidente. Levará un libro de Caixa.
Artigo 15.- Os vocais terán as obrigacións propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, e así como as que nazan das delegacións e comisións de traballo que a propia Xunta Directiva lles encomende.
Artigo 16.- As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral Extraordinaria.
CAPÍTULO III
ASEMBLEA XERAL

Artigo 17.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno do Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia e estará integrada por tódolos asociados.
Artigo 18.- As reunións da Asemblea Xeral será ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez ó ano dentro dos catro meses seguintes ó cerre do exercicio; as extraordinarias celebraranse cando as circunstancias o aconsellen, a xuízo do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde e cando o propoña por escrito unha décima parte dos asociados.
Artigo 19.- As convocatorias das Asembleas Xerais realizaranse por escrito expresando o lugar, día e hora da reunión así como a orde do día con expresión
concreta dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea en primeira convocatoria haberán de mediar cando menos quince días, podendo así mesmo facerse constar, se procedera, a data e hora en que se reunirá a Asemblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo de unha hora.
Artigo 20.- As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedará validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela un terzo dos asociados con dereito a voto, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociados con dereito a voto.
Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas cando os votos afirmativos superen ós negativos, non sendo computables a estes efectos os votos en branco nin as abstencións.
Será necesario maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade de estas, para:
a) Nomeamento das Xuntas directivas e administradores
b) Acordo para constituír unha Federación de asociacións e integrarse nelas.
c) Disposición ou alienación de bens integrantes do inmobilizado.
d) Modificación de estatutos
e) Disolución da entidade
Artigo 21.- Son facultades da Asemblea Xeral Ordinaria:
a) Aprobar, no seu caso, a xestión da Xunta Directiva
b) Examinar e aprobar as Contas anuais
c) Aprobar ou rexeitar as propostas da Xunta Directiva en orde ás actividades da Asociación.
d) Fixar as cotas ordinarias e extraordinarias.
e) Calquera outra que non sexa da competencia exclusiva da Asemblea Extraordinaria.
Artigo 22. – Corresponde á Asemblea Xeral Extraordinaria
a) Nomeamento dos membros da Xunta Directiva
b) Modificación do Estatutos
c) Disolución da Asociación
d) Expulsión de socios, a proposta da Xunta Directiva
e) Constitución de Federacións e integración nelas
CAPÍTULO IV
SOCIOS

Artigo 23.- Poderán pertencer ó Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia aqueles profesionais relacionados coa educación, a administración, xestión e organización educativa. Os membros participan na asociación a título persoal sen representar a ningunha institución ou colectivo. Os interesados deberán presentar unha solicitude por escrito á Xunta Directiva que resolverá provisionalmente sobre a admisión ata que a mesma sexa confirmada pola Asemblea Xeral.
Artigo 24.- Dentro da Asociación existirán as seguintes clases de socios:
a) Socios fundadores, que serán aqueles que participen no acto de constitución da Asociación.
b) Socios de número, que serán os que ingresen despois da constitución da Asociación.
c) Socios de honor, os que polo seu prestixio e por contribuír de xeito relevante á dignificación e desenvolvemento da Asociación, se fagan acredores a tal distinción. O nomeamento dos socios de honor corresponderá á Xunta Directiva ou Asemblea Xeral.
Artigo 25.- Os socios causarán baixa por algunha das causas seguintes:
a) Por renuncia voluntaria, comunicada por escrito á Xunta Directiva.
b) Por incumprimento das obrigacións económicas, si deixara de satisfacer a cota anual.
Artigo 26.- Os socios de número e fundadores terán os seguintes dereitos:
a) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
b) Disfrutar de tódolos servizos e instalacións da Asociación.
c) Participar nas Asembleas con voz e voto
d) Ser electores e elixibles para os cargos directivos
e) Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
f) Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva en orde ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.
Artigo 27.- Os socios fundadores e de número terán as seguintes obrigacións:
a) Cumprir os presentes Estatutos e os acordos válidos das Asembleas e a Xunta Directiva.
b) Abonar as cotas que se fixen
c) Asistir ás asembleas e demais actos que se organicen.
d) Desempeñar, no seu caso, as obrigacións inherentes ó cargo que ocupen.
Artigo 28.- Os socios de honor terán as mesmas obrigacións que os fundadores e de número a excepción das previstas nos apartados b) e d), do artigo anterior. Así mesmo terán os mesmos dereitos a excepción dos que figuran nos apartados c), d) do artigo 26, podendo asistir ás asembleas sen dereito a voto.
Artigo 29.- Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asociación serán os seguintes:
a) As cotas de socios periódicas e extraordinarias.
b) As subvencións, legados e herdanzas que puidera recibir de forma legal por parte dos asociados ou de terceiras persoas.
c) Recursos obtidos a través das publicacións e actividades realizadas pola Asociación de acordo coas súas finalidades.
d) Calquera outro recurso lícito.
Artigo 30.- O patrimonio inicial ou Fondo Social da Asociación é de un euro.
Artigo 31.- O exercicio asociativo e económico será anual e o seu cerre terá lugar o 31 de decembro de cada ano.

Estatutos


 
contador de visitas
Regreso al contenido | Regreso al menu principal